: (06:03) Vexo néboa no salitre

(06:03) Vexo néboa no salitre


Aviso: Ningunha bolboreta foi danada durante a redacción deste relato.
Aínda así a lectura resulta desaconsellable para meteorólogos e vendedores de xeados.

Néboa:Condensación do vapor de auga do aire en contacto co chan, de constitución similar á das nubes, que reduce a visibilidade.

Longas tardes de sol
Xeados e Salitre
Bronceadores e crema solar
E eu sigo sendo frío e néboa
As horas arañan, as raiolas de sol escocen
Os xeados queiman e o salitre erosiona
E paro a pensar no motivo que me impide
Deixar de pensar

Alcohol derramado polas rúas
Música e ruído
Unha bolboreta nun tarro
Eu quedo a mirala por horas
E deixo ó alcohol escocer e ó ruido desgarrar

E deixo morrer a bolboreta porque son
demasiado cobarde para abrir o tarro
Por iso vexo néboa todos os días do ano
Estou soa nun funeral de bolboretas

(néboa son eu)

Choro salitre e erosioname a cara
E paro a pensar que todo comeza
cando a néboa aprende a cortar

Nas nosas adiccións, os amores, os soños, a raiba
Desdibuxan a liña entre o real e o falso
Sei que é o comezo da nada
cando as agullas do reloxo comezan a
susurrar

Non podo desobedecelas
Non quero pensar
Só quero sentir coma na casa
Deixarme abrazar por unha
D  E  N  S  A
néboa

No hay comentarios:

Publicar un comentario