: 2016

Estar tolo é non namorar do caos.



Somehow I've fallen in love

with this middle ground at the cost of my soul.



Yet I know, if I stepped aside,
released the controls, you would open my eyes.
That somehow, all of this mess
is just my attempt to know the worth of my life...



...made of precious metals,
precious metals,
precious metals inside.



I'll go anywhere you want me.


Todas as veces que tiven que escoller o sabor do meu xeado ou a cor da miña camiseta ou mesmo que tipo de vida paga a pena me levaron a este punto de simple e angustiosa certeza respecto ás pequenas miserias da sociedade. Cando penso que comprendo algo o mundo da unha volta e todo volve cambiar. 
Cando penso que esquecin algo decatome de que nunca cheguei a recordalo.

Observamos as nosas vidas do mesmo xeito que observaríamos un filme de sobremesa, sen sequera decatarnos de que o mundo cambia a cada pestanexo.
E entre tanto, debemos vernos sumidos neste conformismo terminal ao que algúns chaman felicidade?
Debemos resignarnos a pasar a vida bebendo cervexa e rindo chistes malos e finxindo que iso sacia os anhelos que temos...posiblemente dende sempre...esa nostalxia de algo que nin sequera podemos definir?
Escollemos a nosa propia infelicidade ao cumprirmos unha rutina que afoga, e trememos ao ver que alguén sae dese circulo velenoso que non fai mais que manternos cos ollos pechados.
Escribimos as nosas miserias en follas en branco que logo queimamos pero que non desaparecen.
Baixamos a cabeza ao lavarnos os dentes porque o reflexo que nos devolve o espello do baño nin sequera nos recoñece.
It's what we are, sweetheart.

Soñamos con aprender a pechar os ollos e abrir a mente.
Sentir a xeada na herba, 
deixar que o sol nos adormeza...
Causanos un placer tan efémero
tan escéptico que acentúa máis, se cadra, a nosa rotunda disonancia.
E esperamos. Sempre esperamos. 

E espero. Sempre espero. Como se houbera algo que esperar.
Como se encaixara nesta vida prefabricada na que todo son torna artifical 
e todo acorde remata por chirriar.

Ter nacido aquí non me convirte no que son.
Nin continuar aquí me convirte no que non son.

Toda a raiba e o desprezo que me axudaron a amar esta amarga disonanciatodo este insomnio do que non logro espertar, me levaron a este punto de simple e angustiosa certeza respecto ás pequenas miserias da sociedade. 
E é que o meu anhelo máis primario, non é fuxir do caos. É deixarme envolver nel.
But maybe someday...

Poetas, soños, e cordas rotas



Cando as palabras son cordas
Os ceos son chuviosos
Ás veces vemos de máis mais non logramos enfocar

Cando os ceos on chuviosos
Eu podo atarme ás palabras
Aferrarme a elas ata que me queiman as mans
Ou podo deixalas caer para que outro se deixe atar
Ás veces é mellor a dor da queimadura
Que a indiferencia dos silencios

Gústanme os silencios cómodos
Porque nunca piden explicacións
Gústanme as feridas sen curar
Porque a dor leva consigo o recordo

Eu sei que son capaz de amar
Pero, ás veces, olvídaseme 
Que o único e verdadeiro amor
Agocha un odio máis profundo

Cando amo profundamente
Odio intensamente

Cando as palabras queiman
Sinto o amor verdadeiro

O amor máis puro e intenso
Péchanos as portas do paraíso

Quero que te deixes queimar polas miñas palabras
Porque sabes que non soporto a indiferencia

Sei que amo a grandiosa existencia
Porque cando sinto que me falta o aire
Todo se volve pequeno

Sei que odio a grandiosa existencia
Porque cando amo profundamente
Odio aínda máis intesamente

Si me sueltas entre tanto viento,¿cómo voy a continuar?


Ás veces penso que son feliz. Neses pequenos instantes nos que alguén di algo gracioso e non podo parar de rir. O aire entra e sae do meu nariz a un ritmo desenfreado e sinto unha leve picada de dor que só me chega para facerme rir máis e máis forte. Da miña gorxa sae un ruido escandaloso que se entrecorta a tempos intermitentes, como cando un semáforo cambia o ambar polo vermello.
Pero despois duns instantes decatome de que esa sensación radiante é igualmente fugaz, e que non podo facer nada para preservala, non logro reter ese sentimento de enchemento, de pura enerxía no interior do meu corpo. Cada vez decrecen máis eses momentos e cada vez levan mais de min na súa marcha, baleirándome aos poucos. Ante esta realidade non podo facer máis, non logro escapar da escuridade.
Así que últimamente actúo como calquera autómata falto de vida. E polo de agora ninguén parece botar en falta o que cheguei a ser, así que non entendo por qué debería molestarme.
Xa non atopo motivo para levantarme cada día, non sinto a emoción de Freddie ao subirse aos escenarios, non noto adrenalina con ningunha actividade que antes me apaixonaba ata o punto de meterme medo.
Sinto como que unhas mans afunden na miña gorxa e me impiden respirar con normalidade ou pensar con claridade. E só quero que alguén me axude, me axude a deixar de notar esa presión na gorxa e esa terrible dor na cabeza. Iso ao mellor me deixaria poder gozar cun xeado de chocolate ou con aquela canción que tanto me gusta. Ao mellor así podería deixar de sentir como que toleo cada día e ninguén se decata.
De veras que me encantaría poder berrar a todo pulmón ante o ceo nubrado, que sería xenial tirarme dende un acantilado ou poder bailar ata non notar os pés, e sentir esa enerxía, esa picada de dor que me recorda que sigo viva e que me fai gozar máis que nada. Pero por moito que o intento (e credeme cando vos digo que o fago) non pode saír de min esa ansia por vivir, esa paixón pola vida. Nona atopo por moito que trate de facelo.
Adoraría poder sentir a liberdade polas miñas veas, pero nunca a vin realmente, non sei como é de preto, só logrei divisala ao lonxe algunha vez.
Ás veces penso que non existe. Que ambas as dúas non existen.
As persoas adoitan falarnos de contos de fadas, como se fosen reales, que nalgún momento da nosa existencia chega unha persoa, máxica e especial que nos cambia a vida para sempre. Iso é o que nos ensinan dende pequenos, que temos que agardar a que chegue esa persoa pola que dar a vida, entregar todo o que queres e quererás, só polo pracer de vela rir. E de verdade penso que non hai ninguen así para min, que ninguén merece todo o meu ser máis que eu mesma. Non penso agardar por algo que nunca pretendín. Se alguén vai cambiar a miña vida debo ser eu. E nunca ninguén poderá facerme sentir algo tan forte ata o punto de tolear (máis). Porque a miña vida é miña, e non é un conto de fadas.E ainda que son consciente non logro saír deste estado permanente de instaisfacción, sigo a ser o autómata de sempre. Tampouco é que lle importe a ninguén.

(06:03) Vexo néboa no salitre


Aviso: Ningunha bolboreta foi danada durante a redacción deste relato.
Aínda así a lectura resulta desaconsellable para meteorólogos e vendedores de xeados.

Néboa:Condensación do vapor de auga do aire en contacto co chan, de constitución similar á das nubes, que reduce a visibilidade.

Longas tardes de sol
Xeados e Salitre
Bronceadores e crema solar
E eu sigo sendo frío e néboa
As horas arañan, as raiolas de sol escocen
Os xeados queiman e o salitre erosiona
E paro a pensar no motivo que me impide
Deixar de pensar

Alcohol derramado polas rúas
Música e ruído
Unha bolboreta nun tarro
Eu quedo a mirala por horas
E deixo ó alcohol escocer e ó ruido desgarrar

E deixo morrer a bolboreta porque son
demasiado cobarde para abrir o tarro
Por iso vexo néboa todos os días do ano
Estou soa nun funeral de bolboretas

(néboa son eu)

Choro salitre e erosioname a cara
E paro a pensar que todo comeza
cando a néboa aprende a cortar

Nas nosas adiccións, os amores, os soños, a raiba
Desdibuxan a liña entre o real e o falso
Sei que é o comezo da nada
cando as agullas do reloxo comezan a
susurrar

Non podo desobedecelas
Non quero pensar
Só quero sentir coma na casa
Deixarme abrazar por unha
D  E  N  S  A
néboa