Cando as palabras son cordas
Os ceos son chuviosos
Ás veces vemos de máis mais non logramos enfocar
Cando os ceos on chuviosos
Eu podo atarme ás palabras
Aferrarme a elas ata que me queiman as mans
Ou podo deixalas caer para que outro se deixe atar
Ás veces é mellor a dor da queimadura
Que a indiferencia dos silencios
Gústanme os silencios cómodos
Porque nunca piden explicacións
Gústanme as feridas sen curar
Porque a dor leva consigo o recordo
Eu sei que son capaz de amar
Pero, ás veces, olvídaseme
Que o único e verdadeiro amor
Agocha un odio máis profundo
Cando amo profundamente
Odio intensamente
Cando as palabras queiman
Sinto o amor verdadeiro
O amor máis puro e intenso
Péchanos as portas do paraíso
Quero que te deixes queimar polas miñas palabras
Porque sabes que non soporto a indiferencia
Sei que amo a grandiosa existencia
Porque cando sinto que me falta o aire
Todo se volve pequeno
Sei que odio a grandiosa existencia
Porque cando amo profundamente
Odio aínda máis intesamente